O HOME DO XORNAL
Puxémoslle o nome de “o señor do xornal”, non porque publicase el o xornal ou porque fose redactor nun deles, nin tampouco porque os repartise, non ....él mesmo levaba, á velocidade dunha moto, as novas dende unha punta de Corrubedo á outra e grazas a él facíanse públicas tódalas informacións de carácter persoal. Deste xeito calquera que quixera podía estar ó día do que acontecía. A súa incansable dedicación facía de Corrubedo un pobo completamente informado que buscaba en Galiza o seu semellante - máis actual, máis rápido e máis auténtico do que sería posible a través de calquer medio de comunicación moderno. De súbito a historia sufriu un cambio brusco porque “o señor do xornal” tivo que someterse a varias operacións de cadeira. Debido ao longo deambular polas salas de operacións de toda Galiza ,a comunicación en Corrubedo case deixou de existir. A pesar de que ao final puido voltar a camiñar sen dor, deixou de moverse en moto e con elo de exercer o seu servicio de información. Os abonados ó xornal local voltaron a incrementarse e as novas voltaron a transmitirse polo aburrido medio de comunicación.