O HOME DO TRACTOR E SEU IRMAN
Ata me podo lembrar aínda del, o nome correcto do home do tractor: Xosé. Ademais de no bar, só se podía ver no tractor; parecía estar pegado a súa ferramenta de traballo. Contaban que traballando, lesionouse unha vez gravemente nunha perna, din que baixo os efectos do alcohol e grazas a unha rápida intervención esta non tivo que ser amputada.
Seu irmán Ramón conducía naqueles tempos, moi cedo pola mañá, cun ruído estridente, un carro de bois para transportar herba acabada de cortar para as súas vacas e pasaba a carón da pequena casa de verán que eu tiña no Corgo. Cando descubriu que eu era dentista pediume que sanease a súa dentadura bastante descoidada. Nunha situación normal, no caso dun tratamento así, procedese da seguinte maneira: unha vez explicada a situación da boca e antes de sanear aplícase a anestesia local. Pero esta foi rexeitada absolutamente por el. Puxémonos de acordo en que tomase uns pequenos “cognacs” antes e que entón poderíamos poñer a inxección local. Como acordamos, así o fixemos. En pouco tempo (dende a Pascua ata agosto) prepareille no meu laboratorio en Alemaña dúas próteses dentais e así puido apañarse con elas, como se xa as usara máis veces. Dende entón bebía a súa copa en primeira fila do bar pois todos lle facían sitio ao resplandecente labrego.
Case me esquecía de comentar que como pago dos meus honorarios entregoume varios centos das mellores patacas de Corrubedo. Pero como isto ocorreu dous días antes de rematar as miñas vacacións tívenas que repartir entre a miña familia de aquí. A propósito das patacas, trátase dun dos tipos máis saborosas do mundo!!! Que alguén se atreva a dicir o contrario!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario